maradentro.esther@gmail.com

A NENA SOBRE O TELLADO (Microrrelato)


       Sempre pasamos a Noiteboa sós, nun excepcional alarde de atención paterna e marisco conxelado. Inda que en ocasións, se algo se lle cruza de mal xeito, o papá sentase á mesa sen amañar, case con carraxe, coa faciana ensombrecida e o ricto amargo, e entón só nos queda a fartura dos lagostinos, do opresivo silencio e das bagoas contidas que pesan coma pedras no peito da mamá.
Fai dúas horas tupiuse o desaugue do váter. Dende aquí podo escoitar os seus xuros namentres esnaquiza a tubaria. A Noiteboa cheira a feces, cheira a queimado.
Vai frío. Pero dáme medo baixar...




Comentarios